16/5/18

LETRAS GALEGAS 2018


Letras Galegas  2018
O Día  Letras Galegas de 2018 está dedicado á profesora e escritora  María Victoria Moreno Márquez (Valencia de Alcántara, Cáceres, 1939 – Pontevedra, 2005). Licenciada en Filoloxía Románica en Madrid, María Victoria Moreno chegou a Galicia en 1963, con só 22 anos, como profesora e axiña asumiu a cidadanía en galego, idioma no que enriqueceu as nosas Letras tanto na narrativa -nomeadamente a infantil e xuvenil- como nos estudos literarios, no ensaio, na poesía e na didáctica da lingua e da literatura galegas.



MURAL FEITO POLO NOSO ALUMNADO 


Dez alumnos do noso  colexio  realizaron preciosos gravados a partir dos poemas da autora á que se dedican as Letras Galegas


O XORNAL "A VOZ DE GALICIA"  RECOLLE HOXE A NOTICIA 
¡ENHORABOA!


A autora que protagoniza o Día das Letras Galegas deste ano adicou unha ducia de sonetos á súa      enfermidade. María Victoria Moreno (Valencia de Alcántara, Cáceres, 1939 - Pontevedra, 2005)    fixo do cancro de mama que padecía un motivo literario para axudar ás mulleres que sufrían a súa mesma enfermidade. Eses poemas foron o material de traballo empregado polos alumnos do colexio público José García para crear arte no obradoiro de gravado que dirixe o ourensán Xosé Poldras. 

Os dez gravados realizados polos escolares de 4º da ESO, xunto cun vídeo vencellado a este proceso creativo e ao traballo desenvolvido polos alumnos, expóñense no Museo Municipal de durante todo este mes de maio.

Os artistas do centro José García fixeron de María Victoria Moreno e da súa poesía o fío condutor da aprendizaxe. «Foi unha experiencia moi interesante porque viron todo o proceso de creación dunha obra de arte. Escomenzamos lendo cada un dos poemas e analizando o que a autora quería dicir e transmitir cos mesmos. Logo démoslle unha unidade ao proxecto empregando todos as mesmas cores e os alumnos puideron seguir todo o proceso de creación porque nós mesmos fixemos a estampación dos gravados porque contamos cun tórculo para facelo», sinalou Poldras. A maiores creouse un vídeo para acompañar as dez obras de arte. Tres dos alumnos fixeron unha montaxe na que cada gravado vai acompañado do poema ao que está vencellado e puxéronlle música ao traballo.

No hay comentarios:

Publicar un comentario

Uploaded with ImageShack.us