18/10/17

FORMACIÓN DE USUARIOS

O día 13 de outubro tivo lugar na biblioteca do noso centro a formación de usuarios para o alumnado de 1º de ESO. A actividade estivo a cargo da coordimadora da biblioteca.

Comenzou co reparto dun trítico coas explicacións do funcionamento da biblioteca. Despois da lectura do tríptico fixéronse algunhas  actividades que consistían na busca de diferentes libros seguindo as pistas dadas pola coordinadora.

A actividade gustoulles moito e amosaron moito interese en todo momento facendo moitas preguntas sobre o servizo de préstamo, o tipo de libros e DVDs que podían levar á casa... E como non! fixeron as súas suxestións para mercar algúns libros.

Aquí vos deixamos algunhas fotos da actividade.










No hay comentarios:

Publicar un comentario

Uploaded with ImageShack.us