22/3/24

SEMANA DA HISTORIA EN MENDE (18-22 de abril)

                                                                    PROGRAMA




9/3/24

OBRADOIRO DE BIBLIOTECA CREATIVA CON PABLO OTERO

 O pasado xoves, 29 de febreiro, o alumnado de 6º de E. Primaria e 4º ESO C recibiu, na aula de plástica do centro, un obradoiro de Biblioteca Creativa, a cargo do Ilustrador e Escritor, Pablo Otero.

Toda unha experiencia creativa interetapas!

 Podedes ver o vídeo no seguinte ENLACE

                                          IMAXES DA XORNADA 













           Os obxectos, creados con material de refugallo, quedaron expostos na biblioteca
















8/3/24

8 M. DÍA INTERNACIONAL DA MULLER

  Desde hai máis de 100 anos, o 8 de marzo é un día que celebra os dereitos conquistados polas mulleres en todos os ámbitos e conmemora a longa historia de loitas e sacrificios para conseguilos. Na actualidade, durante esta xornada, organízanse marchas e manifestacións en todo o mundo para denunciar que aínda queda moito camiño por percorrer ata alcanzar esta desexada igualdade real entre homes e mulleres.  

Desde o noso Centro quixemos festexar esta data con algunhas actividades que se foron levando a cabo durante toda esta semana.                            

ACTIVIDADES


 8ª EMISIÓN RADIO MENDE-8M

 



  Durante esta semana todo o alumnado do Centro estivo implicado na edición desta nova emisión de Radio Mende.

1º- Alumnado de Infantil e Primaria: “A muller máis importante para min”

2º- Alumnado da ESO: “Eu non quero ser princesa nin principe por..."

Premendo nos arquivos adxuntos podedes escoitar estas emisións.

1ª Emisión 

2ª Emisión 

                        EU NON QUERO...

...SER PRINCESA, SER PRÍNCIPE.


TRABALLO REALIZADO POLO ALUMNADO DE EDUCACIÓN SECUNDARIA PARA CONMEMORAR O DÍA DA MULLER CUN TOQUE DE HUMOR E CRÍTICA AOS ESTERIOTIPOS SOCIAIS.

POR UNHA IGUALDADE REAL PARA TOD@S!

23/2/24

23 de febreiro, DÍA DE ROSALÍA

 CELEBRACIÓN - SEMANA DE ROSALÍA DE CASTRO 2024

O 24 de febreiro de 1837 nace en Santiago de Compostela a autora máis representativa da poesía galega, Rosalía de Castro. Porén, cada 23 de febreiro, conmemoramos a data do seu nacemento.

Dende o noso Centro quixemos render unha peculiar homenaxe a esta autora con diferentes actividades das que podedes gozar no seguinte vídeo. 

Para ver o vídeo, preme no seguinte ENLACE


                                           IMAXES DESTAS ACTIVIDADES






















7ª EMISIÓN RADIO MENDE-ROSALÍA DE CASTRO 2024

Nas últimas semanas de febreiro un grupo do alumnado de Primaria estivo coñecendo a nosa escritora máis preciada, Rosalía de Castro, e o 23 de febreiro, no seu día, este grupo recitou dende a Radio un dos seus poemas máis representativos: "Adiós ríos, adiós fontes".

 PARABÉNS!!

PARA ESCOITAR PREMER NO SEGUINTE ENLACE

 

16/2/24

XORNADA DE BIBLIOTECA CREATIVA

 

  Como Centro de nova incorparación, o pasado luns, 5 de febreiro, un membro do equipo da Biblioteca  asistiu na EGAP de Santiago de Compostela a unha Xornada de Formación sobre Biblioteca Creativa

A inauguración da Xornada estivo a cargo de Bea Lema, Debuxando con fíos na banda deseñada, continuando con obradoiros simultaneos de  escornabots  con Almudena Alonso, impresión en 3D, banda deseñada, collage,  ficción dixital... As experiencias de cinco Centros falando do aproveitamento dos recursos da biblioteca creativa para o traballo por proxectos, gramificación, recursos e dinamización de actividades, pecharon a Xornada.

Moitas grazas, compañeira Rebeca, que veu con moitas ideas novas para poñer en práctica ademais do agasallo dun escornabot para a nosa Biblio.

                                               Diferentes momentos das Xornadas




                                                                      AGASALLOS 

                                                                          




 

3/2/24

31 DE XANEIRO: DÍA ESCOLAR DA NON VIOLENCIA E A PAZ

 O mércores 31 celebramos no cole o día escolar da non violencia e a paz. O alumnado de Infantil e Primaria fixeron un cartel para decorar a entrada do colexio, no que, ordenadamente, cada grupo colocaba un ladrillo coa súa mensaxe de PAZ. O resultado foi un gran muro decorado con fermosas pombas. 

                                        MURO DA CONVIVENCIA








                                       6ª EMISIÓN DE RADIO MENDE


Podedes escoitar a emisión no seguinte enlace:   https://www.edu.xunta.gal/centros/cpijosegarciaourense/system/files/Radio%20Mende-Paz.mp3

Esperamos que vos guste e FELIZ DÍA DA PAZ!


Uploaded with ImageShack.us